Logo

Diferentes espazos, con múltiplas ubicacións, que se caracterizan pola diversidade (cores diferentes) unidas por un núcleo común: as linguas, un determinado contexto xeográfico, histórico e cultural, unha actitude de investigación situada, asemade de intervención social e política, baseada nun encadramento teórico feminista –asente na posicionalidade e na consciencia da centralidade do corpo nas cuestións de xénero e na sexualidade–, na consciencia das relacións de poder, e no feito de asumirmos a simultaneidade persoal e política da produción de coñecemento. O fondo azul do logotipo representa o océano que nos une.